Avisos
Lunes, 13 mayo, 2019
O Concello de Ames fai público o nome das obras premiadas tanto na décima edición do Certame Artístico-Literario Intercentros como no décimo sexto Certame Literario de narrativa e poesía Concello de Ames. A este último presentáronse un total de 176 obras, mentres que no Intercentros participaron un total de 76 traballos. A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves, 16 de maio, nun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura do Milladoiro.
Viernes, 10 mayo, 2019
Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 10 mayo, 2019
Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino.
Jueves, 9 mayo, 2019
A Concellaría de Turismo informa de que aínda queda algunha praza libre para participar na saída pola Ruta Rosaliana que organizan os Concellos de Ames, Brión e Padrón este sábado 11 de maio. A actividade incluirá a visita a lugares como o Panteón de Galegos Ilustres, a parroquia de San Xoán de Ortoño, a Igrexa de Bastavales ou a Casa Museo Rosalía de Castro.
Miércoles, 8 mayo, 2019
A Concellaría de Educación e Cultura informa da publicación das listas provisionais de admitidos/as nas escolas infantís municipais (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro) para o curso 2019-2020. Dende a publicación das listas hai un prazo de 10 días hábiles para posibles reclamacións. Unha vez adxudicada de forma definitiva a praza abrirase o prazo de formalización de matrícula entre os días 1 e 15 de xuño. A matrícula hai que tramitala nas propias escolas, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, podes obter as listas provisionais de admitidos/as.
Miércoles, 8 mayo, 2019
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres,10 de maio, o tatami sobre o que se impartirá a última sesión do curso de defensa persoal organizado polo Concello de Ames, a través da súa Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade e do Centro de Información á Muller. Esta aposta formativa consistiu nun curso de 8 horas impartido os venres 29 de marzo, 12 e 26 de abril, e 10 de maio en horario de 16.30 a 18.30 horas.
Miércoles, 8 mayo, 2019
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade, fai pública a listaxe definitiva de admitidas/os nos campamentos municipais de verán 2019. Tan só será necesario facer sorteo entre as persoas que solicitaron participar no campamento xuvenil de Diverlanhoso (Portugal). Deste xeito, realizarase un sorteo público o 13 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Os resultados e a lista de agarda publicaríanse o 15 de maio a partir das 14:00 horas. Este ano ofértanse 500 prazas para 11 campamentos diferentes, que se desenvolverán entre o 26 de xuño e o 2 de setembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe completa.
Martes, 7 mayo, 2019
A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza este xoves, ás 17.00 horas, no Pazo da peregrina, en Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado na nutrición e o benestar. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.
Martes, 7 mayo, 2019
Este xoves, 9 de maio, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns a partir das 17.30 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.
Lunes, 6 mayo, 2019
Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino.
- ‹ anterior
- 130 de 135
- siguiente ›