Avisos
Viernes, 3 mayo, 2019
Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús das escolas infantís municipais para esta semana, así como as merendas. Os menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 2 mayo, 2019
O vindeiro domingo, 5 de maio, a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) organiza unha nova edición da andaina solidaria pola ruta do Rego da Andoriña, en beneficio do programa Vacacións en Paz. Así, o diñeiro recadado irá destinado ao pagamento dos billetes das nenas e nenos saharauís que cada verán veñen a Galicia ao abeiro deste programa. Os participantes partirán ás 10.30 horas da praia fluvial de Tapia. A andaina estará aberta tanto a persoas como a cans, e o prezo será de 5 euros por persoa e 1 euro por can. Para inscribirse nesta camiñada ou obter máis información sobre a iniciativa pode consultarse a través do número de teléfono 646 320 660 ou mediante un correo electrónico ao enderezo eybarra.sogaps@gmail.com. A actividade conta coa colaboración do Concello de Ames e de Supermercados Gadis.
Martes, 30 abril, 2019
Este xoves, 2 de maio, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro a partir das 17.30 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.
Lunes, 29 abril, 2019
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade, fai pública a listaxe provisional de admitidas/os nos campamentos municipais de verán 2019. A listaxe definitiva será publicada o 8 de maio. No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público o 13 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Os resultados e a lista de agarda publicaríanse o 15 de maio a partir das 14:00 horas. Este ano ofértanse 500 prazas para 11 campamentos diferentes, que se desenvolverán entre o 26 de xuño e o 2 de setembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe completa.
Lunes, 29 abril, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Escola de Verán 2019. Mediante este servizo, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto, búscase facilitar ás familias amesás a conciliación da súa vida familiar e laboral unha vez rematado o curso escolar. O prazo de inscrición remata o vindeiro 16 de maio. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición e as bases da Escola de Verán 2019.
Miércoles, 24 abril, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Xuño Lúdico. As inscricións poderán tramitarse ata o 6 de maio. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 25, 26, 27 e 28 de xuño, en horario de 7:30h a 16:00 horas. Este programa ofrece un amplo abano de actividades educativas e culturais pensadas para os cativos/as de aquelas familias que precisen conciliar a súa vida familiar e laboral unha vez rematado o curso escolar. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o regulamento, o impreso de inscrición e as tarifas do Xuño Lúdico.
Martes, 23 abril, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que se retoman as clases de linguaxe musical, que se imparten no edificio de usos múltiples de Aldea Nova, no horario habitual de cada un dos grupos.
Martes, 23 abril, 2019
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole, Tardes divertidas, así como do programa de psicomotricidade, que o cobro do seguinte recibo realizarase o día 26 de abril de 2019.
Lunes, 22 abril, 2019
O vindeiro 26 de abril, a Casa da Cultura do Milladoiro enchese de arrolos e cantos de berce da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández a través da actividade “Arrolos de salitre”. Este obradoiro, que estará orientado tanto a familias con crianzas entre os 0 e os 3 anos como a futuras mamás e papás, contará con dúas sesións, unha ás 17:00h e outra ás 18:00 horas. A iniciativa busca que as persoas asistentes aprendan novos cantos de berce para transmitirlles afecto ás crianzas a través da lingua e da música. A actividade é gratuíta e as prazas outorgaranse por orde de inscrición. Para inscribirse é necesario enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e os apelidos das persoas participantes, a súa idade, a sesión escollida e un teléfono de contacto.
Lunes, 22 abril, 2019
A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este martes 23 e mércores 24 ao Milladoiro e o xoves 25 e venres 26 de abril a Bertamiráns. A unidade móbil de doazón estará aparcada na rúa da Curuxa (no cruce con Rosalía de Castro) e na avenida da Maía (diante da praza da Maía), en horario de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.
- ‹ anterior
- 131 de 135
- siguiente ›