Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Durante as últimas semanas os/as atletas do Millaraio participaron en varios campionatos. Alejandro Jiménez e Noel Ferrace participaron os días 1 e 2 de xuño no campionato de España sub 14 individual.  Alejandro Jiménez formou parte do equipo gañador na proba de relevos 6x60 metros. No XIII Campionato de Galicia sub10 e sub12 en pista ao aire libre, Nuno Castro, conseguiu dúas medallas en salto de lonxitude e nos 60 metros; Laura Sanz, foi terceira na proba de 60 metros; e o equipo de relevos masculino acadou a medalla de bronce. Ademais, no campionato provincial en pista infantil e combinadas benxamín-alevín “Xogade” o club de atletismo Millaraio acadou 7 medallas.

O pasado 6 e 7 de xullo celebrouse en Alcobendas o Campionato de España Máster ao aire libre, onde acudiron, representando ao club MillaRaio, David López Vilariño e Purificación Cariñena Amigo. David acadou a medalla de bronce no salto de altura M50 e a sétima posición nos 100 metros valados, mentres que Puri competiu en 100m, 200m e 400m na categoría F50, e acadou na carreira de 400m a sétima posición cun excelente rexistro. Ademais, dende o MillaRaio fan balance sobre o excelente rendemento dos seus equipos na tempada ao aire libre.

Este sábado 19, oito atletas do MillaRaio participaron no campionato de Galicia sub18 de pista cuberta, obtendo seis medallas, coas actuacións destacadas de Álvaro Francos, ouro en salto con pértega, e de Daniel Cariñena, ouro en salto de lonxitude e bronce nos 200m. O domingo 20, foi a quenda da competición sub20, na que Diego Liñares foi bronce nos 60m valos e quinto nos 60m lisos. Ademais, os sub18 Daniel Cariñena e Roi Rial participaron o pasado sábado 12 no campionato galego absoluto de pista cuberta, rematando quintos en salto de lonxitude e triplo salto, respectivamente.

Dous atletas do Club Atletismo MillaRaio, Daniel Cariñena e David García, que veñen de proclamarse campións galegos de salto de lonxitude e salto de altura, respectivamente, no recente campionato de Galicia sub18, participaron o pasado sábado, 4 de xuño, coa selección galega no campionato de España sub18 de Federacións Autonómicas celebrado en Valladolid, no que Galicia rematou nun excelente quinto posto. Daniel competiu na proba de salto de lonxitude e o relevo 4x100m, mentres que David o fixo en salto de altura. Ademais, dende o club MillaRaio lembran que proximamente estará aberto o prazo de inscrición para o campus de verán, que organizan en setembro e que se desenvolverá na area deportiva do Milladoiro.

Esta fin de semana celebrouse en Guadalajara o Campionato de España de Karate Infantil, no que competiron dous deportistas da escola amesá despois de ser seleccionados para representar a Galicia.

Os veciños de Ortoño Paula e Manuel Blanco Prol participaron os pasados sábado 6 e domingo 7 de maio no Open de Illescas de kickboxing, que serviu como segunda parada da Liga Last Round de kickboxing R2G, unha competición a nivel nacional deste deporte de contacto. Paula Blanco conseguiu un ouro e tres pratas na categoría absoluta, mentres que na categoría cadete menor o seu irmán Manuel Blanco levou un primeiro e un segundo posto.

Paula e Manuel Blanco Prol, veciños de Ortoño, continúan a súa tempada de campionatos e competicións de kickboxing, acumulando novos éxitos. O pasado sábado 4 de xuño competiron no XX Trofeo Internacional de kickboxing Cidade de Ourense, que se disputou no pavillón municipal de Oira, na cidade ourensá. Alí os dous irmáns subíronse ao máis alto de podio por partida dobre, gañando ambos os dous nas súas categorías de peso e idade en “pointfighting” e “light contact”.

Os días 2 e 3 de xullo as pistas universitarias de atletismo de Elviña, na Coruña, acolleron a disputa dos campionatos galegos sub16 e sub20 individual e de combinadas ao aire libre. Neste senso, os clubs amesáns Ames Atletismo e MillaRaio sumaron sete metais nos campionatos sub16, destacando as dúas vitorias dos atletas do Ames Atletismo, Nicolás Collazo, nos 5.000 metros marcha, e María Estévez, nos 1.500 metros obstáculos, ademais das dúas pratas e dos cinco bronces conseguidas polos deportistas do MillaRaio. Ademais, o club do Milladoiro participou no campionato galego de clubs sub16, celebrado en Pereiro de Aguiar o pasado 26 de xuño, onde o seu equipo masculino obtivo a medalla de bronce.

A pesar da choiva que caeu onte durante a carreira pedestre popular Concello de Ames, un gran número de atletas participaron nesta proba deportiva que se desenvolveu na localidade de Bertamiráns e a súa contorna. Na proba absoluta o gañador foi El Mehdi El Nabaoui, do club Oriente Atletismo, cun tempo de 31.27, e Laura Santos, do club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, cun tempo de 34.27. Esta proba pertence ao VIII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e forma parte do Campionato de Galicia das categorías sub20, sub23, absoluta e máster da tempada 2021-2022. Premendo nesta ligazón podes consultar as clasificacións da carreira pedestre.

Este verán chega a Ames cargado cunha ampla oferta de campus e campamentos, entre os que destacan as propostas deportivas. Neste eido, chega a terceira edición do Campus de verán Basquet Ames, destinado a nenos e nenas nados entre o 2004 e o 2013. Esta actividade desenvolverase en dúas quendas entre o 1 e o 12 de xullo, tanto no pavillón polideportivo municipal como no ximnasio do instituto do Milladoiro. Para inscribirse será necesario enviar antes do 30 de xuño un correo ao enderezo de correo electrónico basquetames@gmail.com, no que se indiquen os datos do ou da menor e se anexe o comprobante de pagamento. O campus, que está organizado polo propio Club Básquet Ames en colaboración co Concello de Ames, incluirá servizo de madrugadores e comedor.

Eventos del departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.