Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

O club Os Esfola Arrós competiu na primeira competición do ano en Galicia. Tres ciclistas do club ciclista amesán competiron na Copa Galicia Cross Country. A proba celebrouse na Cañiza e contou cunha gran participación debido a que foi a primeira celebrada dende hai ano e medio debido á pandemia do coronavirus. A próxima proba da Copa Galicia Cross Country está previsto que se realice en Cambre en pouco máis dun mes. Os Esfola Arrós agardan poder asistir a que será a segunda proba desta competición.

Este domingo, 22 de outubro, celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo segunda edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 18 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse premendo nesta ligazón e cubrindo o formulario; ou ben acudindo de xeito presencial ao establecemento comercial Atmósfera Sport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

A Concellaría de Deportes informa que o martes 28 de maio remata o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos de verán que cada ano organiza a Deputación da Coruña. Neste senso, Ames contará con 14 prazas na terceira quenda dos campamentos, que terán lugar do 7 ao 12 de xullo no IES Rosalía Mera, na Coruña. As persoas interesadas na actividade, dirixida á rapazada de entre 9 e 14 anos xa cumpridos empadroada en Ames, deben entregar esta ficha de inscrición cumprimentada e asinada nalgún dos rexistros municipais do Concello de Ames, ou ben a través da Sede electrónica.

O campo de fútbol do Milladoiro acolle esta fin de semana unha nova proba de Agility que puntúa para o campionato de España. Organizada polo club canino Amizar Agility, a proba conta coa colaboración do Concello de Ames, da S.D. Milladoiro, da empresa Arion e da clínica veterinaria Media Lúa. Hai inscritos arredor de 70 cans, que competirán en tres días, dende o venres 26 ao domingo 28 de xullo. Domingos Carneiro exercerá como xuíz nesta competición.

Arredor de vinte persoas adultas e crianzas participaron no torneo local dos clubs de Ames, organizado co gallo das festas de Peregrina de Bertamiráns que tiveron lugar a pasada semana. Tratouse dunha competición igualada, que rematou cun triplo empate no primeiro lugar, resolto nun desempate que deu como gañador a Fido, do club de xadrez Millarengo.

O club ciclista amesán Os Esfola Arrós competiu no Campionato de España de Ciclocross con Uxío Canosa, que participou na categoría de máster 40. Dito campionato disputouse na cidade cántabra de Torrelavega os días 8, 9 e 10 de xaneiro. Para Uxía Canosa esta non foi a súa mellor carreira da tempada, nin na que máis sorte tivo, pero non se deu por vencido ata pasar a liña de meta, rematando na décimo quinta posición.

Ames participa un ano máis na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña, nesta ocasión  na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. Malia contar orixinalmente con trece prazas na segunda das cinco quendas de concellos, finalmente puideron viaxar vinte e dous mozos e mozas entre os días 21 e 24 de xaneiro. Ademais, outros cinco rapaces e rapazas accederán á terceira quenda, que terá lugar dende este venres 28 ata o luns 31 de xaneiro.

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa de Andainas Saudables, organiza para este mes de setembro un percorrido pola quinta etapa do camiño de Santiago dende o Barbanza, “A Orixe”. A ruta realizarase o sábado 23 de setembro. Os participantes camiñarán arredor de 14 quilómetros, partindo dende o porto de Cabo de Cruz ata a igrexa de San Vicente de Cespón. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 20, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 9:15 horas.

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola oitava etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 28 de setembro. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo desde  o Lugar de Tallós, en Dodro, e chegando ata A Picaraña. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o xoves 26 de setembro. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

Hoxe, 9 de setembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para o curso 2024-2025. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 15 de setembro. A xestión realizarase telematicamente a través da páxina web de Cronos. Neste prazo de inscrición, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e non se permitirá a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Non se poderán facer inscricións de xeito presencial. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 16 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 17 de setembro na páxina web do Concello de Ames.

Eventos del departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.