O salón de actos do CEIP de Ventín acolle este domingo, 14 de xullo, a presentación do Campus da Real Federación Española de Fútbol que se desenvolverá no Concello de Ames entre o 14 e o 27 de xullo. Á presentación acudirán Joaquín de Ramos, responsable organizador dos campus da RFEF e Susana Señorís, concelleira de Deportes e Atención Veciñal de Ames, que estarán acompañados por algúns membros do goberno municipal e o equipo técnico que impartirá as clases durante o campus. O acto comezará ás 17.30h, e nel explicarase o programa da actividade, e daráselle a benvida aos participantes da primeira quenda, que transcorrerá do 14 ao 20 de xullo.