Solapas principales

Departamento de Educación

Noticias del departamento

A Concellaría de Educación informa de que ata o día 1de xuño está aberto o prazo de preinscrición para o curso 2020-2021 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro). Unha vez adxudicada a praza abrirase o prazo de formalización de matrícula entre os días 29 de xuño e 13 de xullo. Previamente, na semana do 15 ao 19 de xuño, serán publicadas na páxina web municipal e nas escolas infantís as listas provisionais de nenos/as admitidos/as.

A Concellaría de Educación informa de que está aberto o prazo de preinscrición para o curso 2022-2023 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro) ata o vindeiro martes 19 de abril. Unha vez adxudicadas as prazas, abrirase o prazo de formalización de matrícula entre os días 1 e 15 de xuño. Previamente, publicaranse as listas provisionais de admitidos e admitidas na páxina web municipal, na web conciliames.gal, e nas propias escolas infantís. A documentación a presentar pódese descargar preferentemente na páxina web conciliames.gal. Outra opción é recollela nas dependencias das escolas infantís municipais.

Con máscaras, sen público nin convidados, correndo ao carón dos mesmos compañeiros e compañeiras de convivencia nas aulas e mantendo todas as medidas de seguranza, o CEIP de Barouta celebrará por 5º ano consecutivo a súa carreira solidaria “Móvome pola paz”. Barouta pide que este ano se poña a ollada na infancia e que se teñan en conta as súas necesidades e  preferencias á hora de facer as achegas dos produtos que após do evento entregaranse ao Banco de Alimentos Municipal. Calquera que o desexe, independentemente de que pertenza ou non a familia educativa de Barouta, pode colaborar con esta acción solidaria. A carreira desenvolverase o venres, 29 de xaneiro, véspera da celebración do Día Mundial da Paz.

O luns 16 de agosto comezou a última edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro
Durante a segunda sesión deste mes de agosto, 101 alumnos e alumnas están aprendendo sobre a diversidade que existe na natureza para desenvolver un espírito solidario, así como comprender a complexa composición dos diferentes contornos naturais e as especies.

O xoves 1 de xullo comezou unha nova edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. Durante a primeira quincena deste mes de xullo, 279 alumnos e alumnas están participando nos Xogos Olímpicos Intergalácticos de Ames 2021, cos que aprenden sobre o deporte inclusivo.

Un total de 4.038 nenos/as e mozos/as do concello de Ames están escolarizados nos centros de ensino do concello de Ames para o curso 2024-2025. Deste xeito, 2.357 alumnos/as están matriculados en escolas e colexios públicos de infantil e primaria, mentres que 1.358 rapaces e rapazas están matriculados en secundaria nos dous institutos amesáns. Ademais, hai que engadir os 323 rapaces e rapazas que cursan estudos de infantil, primaria e secundaria no colexio Alca, o único centro concertado do concello. Previamente, durante os meses de verán, no marco do plan de mantemento estival que se realiza todos os anos, o Concello executou diversos traballos de mantemento e reparación nos centros escolares do municipio nos que se investiron máis de 80.000 euros. 

A Concellería de Mocidade, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do programa de reforzo educativo para o alumnado dos institutos do Concello de Ames. Esta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, estase a desenvolver os luns e mércores no Milladoiro, e os martes e xoves en Bertamiráns, en horario de 16:30 a 19:45 horas.

Esta mañá arrincaron no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio”, organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames. Estas xornadas, que se desenvolverán hoxe e mañá 24 de marzo, enmárcanse dentro da programación dun proxecto didáctico colaborativo no que está traballando un grupo de profesorado do centro, conxuntamente co alumnado do IES do Milladoiro. Os faladoiros que se impartirán durante estas dúas xornadas serán emitidos en directo por streaming, a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

O Concello de Ames, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, vai realizar obras de mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque, situada na localidade de Bertamiráns. Esta actuación ten un orzamento de 78.920,40 euros, dos cales o organismo provincial achega 52.000 euros e o Concello de Ames pon o importe restante, 26.920,40 euros. Este venres, 20 de decembro, o salón de plenos da Casa do Concello acolleu o acto de sinatura entre o alcalde de Ames, Blas García, e o deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Luis Penas. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, e maila secretaria municipal.

Representantes dos partidos políticos con representación municipal e das ANPAS dos centros educativos de Ames reuníronse na tarde do martes, 27 de abril, para constituír o Consello Sectorial de Educación. Na reunión estableceuse a necesidade de elaborar un regulamento que determine as normas e as competencias do novo Consello. A este respecto, a Concellaría de Educación elaborará un primeiro documento que despois pasará ao resto dos membros para a súa aprobación.

Eventos del departamento

O Concello de Ames organiza o mércores 31 de agosto un acto na memoria dos once concelleiros da corporación municipal de Boimorto, detidos e asasinados pola represión franquista o 20 de agosto de 1936 nos Batáns. A homenaxe servirá ademais para informar sobre os traballos realizados na parroquia de Ortoño a comezos de agosto pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), co fin de localizar os corpos de seis dos once represaliados durante a Guerra Civil. Será ás 18:00 horas, na carballeira de Ortoño, ao carón da igrexa parroquial. Trátase dun acto aberto a toda a veciñanza que desexe asistir.

A ANPA do CEP de Ventín organiza o 5 dedecembro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas, unha actividade formativa chamada "Para, Pensa, Conéctate contra a violencia de xénero". Nela falarase sobre o uso responsable das tecnoloxías para a prevención contra o ciberacoso e a violencia de xénero dixital.

A ANPA As Brañas e mailo CEP de Ventín organizan unha charla sobre a miopía que está dirixida ás familias. Será o venres, 3 de novembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta actividade colaboran o Concello de Ames e maila Universidade de Santiago de Compostela.

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá mañá, 8 de marzo, a presentación do libro “Universo Inverso” ás 19:00 horas. Trátase dun libro de haikus que foi creado integramente polo alumnado de 6º de primaria do CEIP de Barouta, desde a redacción dos textos ás ilustracións. Durante o acto, presentado por Belén Xestal, 25 alumnas e alumnos recitarán algúns dos haikus que compoñen o libro acompañados de música en directo e de intérpretes en lingua de signos. Ademais, contarase coa actuación do grupo de danza GoPra Performance. Polo momento, o libro non estará dispoñible en librerías, pero poderá adquirirse durante a presentación ou chamando ao centro escolar para encargar algún exemplar.

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.