- Dirección: Alcalde Lorenzo, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 680 29 72 35
- mobilidade@concellodeames.gal
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Movilidad
Solapas principales
Departamento de Movilidad
Servicios y programas
Noticias del departamento
Con motivo do día da Seguridade Viaria, que se conmemorou o 10 de xuño, a Concellaría de Mobilidade organizou o programa de Rodeiros Brancos, para realizar dous percorridos pola rúa nos que os/as participantes van vestidos/as de branco e cunha luz-linterna branca na cabeza, utilizando un método de mobilidade sostible. A través desta actividade reivindícase a utilización de medios de mobilidade sostible. O primeiro Rodeiro Branco realizouse o pasado venres en Bertamiráns e consistiu nunha saída nocturna en bicicleta de 8 quilómetros. Nesta actividade participaron arredor de 80 persoas. O segundo Rodeiro Branco será o venres, 17 de xuño, no Milladoiro, no que se fará un rodeiro curto de 1.730 metros en bicicleta, monopatín, patíns ou patinete. Para participar na actividade do Milladoiro hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Os/as nenos/as deberán estar acompañados/as dunha persoa adulta.
A Concellaría de Mobilidade ven de colocar varias sinais, verticais e horizontais, nas zonas urbanas de Bertamiráns e do Milladoiro para indicar que o novo límite de velocidade nestas zonas é de 30 quilómetros por hora.
Facer un recado, unha compra rápida ou un trámite será máis doado a partir de agora en Ames logo de que o Concello, a través da Concellaría de Tráfico,Transporte e Mobilidade, aumente a 30 minutos o tempo de permiso de aparcamento nas zonas que estaba limitado a 10 minutos. A medida afecta a toda a zona urbana amesá e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o desenvolvemento das xestión que se realizan utilizando o coche como transporte.
Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e representantes da empresa IPLAN Movilidad SL, asinaron o contrato para a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do Concello de Ames. A dita xuntanza tamén acudiu a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez. Este servizo foi adxudicado o pasado 4 de febreiro por un importe de 58.499,87 euros. O prazo de execución que ten dita empresa para a redacción do PMUS é de 6 meses. Dito documento servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro neste municipio. O contrato forma parte do programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público, recollido na EDUSI Impulsa Ames.
Esta mañá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e mailo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron a Casa do Concello de Ames, onde foron recibidos polo alcalde, Blas García, a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, e por unha ampla representación dos concelleiros e concelleiras que forman parte do Goberno municipal e do grupo municipal popular. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade asinou co alcalde o convenio para a implantación da nova liña de autobús do servizo de interese municipal, entre a rúa Alcalde Lorenzo e a estación intermodal de Santiago, que discorrerá polas parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. Outros temas que se abordaron foron a necesaria ampliación da EDAR de Sisalde e mailas incidencias detectadas na liña de transporte metropolitano Portomouro-Santiago e que presta servizo á veciñanza das parroquias de Piñeiro, Tapia, Ames e Covas. Por último, a conselleira asinou no libro de honra do Concello de Ames.
Avanzan a bo ritmo as obras para a execución dun carreiro escolar no Milladoiro, que conectará esta localidade co CEP de Ventín. Este proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 210.080,80 euros (IVA incluído). Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O obxectivo é crear carreiros escolares seguros dentro do entorno urbano do Milladoiro e Bertamiráns para mellorar a seguridade peonil.
40 nenos e nenas achegáronse o sábado, 12 de xuño, ao Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Co motivo da celebración do Día da Seguridade Viaria, o Concello de Ames organizou unha xornada cunha serie de actividades infantís.
O Concello de Ames está traballando na redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Este servizo foi adxudicado á empresa IPLAN Movilidad SL por un importe de 58.499,87 euros. Esta semana comezan os traballos de campo para a redacción de dito plan. Estes traballos consistirán na realización dunhas 300 enquisas a usuarios/as do transporte público. Tamén se contabilizará o número de vehículos naquelas zonas do concello con maior volume de tráfico. Isto farase mediante a instalación de distintos tipos de aforos (con cámara e tubos pneumáticos). Dito documento servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro no municipio amesán. O contrato forma parte do programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público, recollido na EDUSI Impulsa Ames.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de publicar a campaña “O bus que me leva!”, para informar dos horarios e liñas do transporte metropolitano que pasa polo municipio amesán. A través desta campaña elaborouse un mapa coas liñas de autobús que pasan por Ames. Ao mesmo tempo, localizáronse e sinalizáronse todas as marquesiñas e paradas de bus, onde se colocaron os horarios e frecuencias que pasan por cada unha das paradas. Toda esta información pódese atopar no apartado de Transporte da web municipal. O obxectivo é ofrecerlle á veciñanza unha información precisa e útil. Estes horarios estarán colocados de xeito provisional durante un mes coa finalidade de detectar posibles erros. Unha vez pasado dito período colocarase a información definitiva.
Dende a Concellaría de Mobilidade infórmase que a Policía Local de Ames, en colaboración coa Garda Civil do Milladoiro, continúa realizando controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, pola N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Ditos controis, que se retomaron a comezos do paso mes de decembro, estanse realizando co obxectivo de lembrarlle aos condutores que deben de respectar a prohibición de circular polo núcleo urbano e deben desviarse dende a SC-20 (á altura da gasolineira) cara a autoestrada AG-56 e polo corredor AC-522, ata a glorieta das Galanas, situada na N-550. Durante as últimas semanas houbo varias denuncias de condutores que infrinxiron a norma.
- ‹ anterior
- 3 de 10
- siguiente ›
Eventos del departamento
Dentro da "Semana Europea da Mobilidade", o Concello de Ames organiza o venres 20 de setembro a VI Marcha Ciclista Nocturna. Farase un percorrido con boa iluminación e fácil percorrido, pensado para que nela poida participar toda a familia. A marcha sairá da Praza do Concello, en Bertamiráns.
- ‹ anterior
- 3 de 3