Solapas principales

Departamento de Turismo

    • Dirección: Casa do Concello. Praza do Concello, número 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02, extensión 9966.
    • Horario de atención al público: 09:00 a 14:00h.
    • Responsable municipal:
    • Responsable técnico:
      • Sonia Moure Oliveira, técnica de turismo.

Noticias del departamento

“Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega a vindeira semana á súa terceira edición. As actividades desenvolveranse durante a xornada do 10 de xuño. O programa está conformado por unha ruta teatralizada polos escenarios da batalla, polos espectáculos de Títeres Alacrán e do grupo teatral Os Quinquilláns; e pola actuación musical de Fillas de Cassandra. Para participar na andaina é preciso escribir ao enderezo electrónico rutabatallaaltamira@gmail.com. Para as recreacións teatrais e o concerto a entrada é de balde, previa reserva a través desta ligazón.

“Altamira Brilla”, a festa histórica do val da Maía, que organizan os Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega esta semana á súa segunda edición. Serán dúas xornadas de actividades, os días 10 e 11 de xuño, nun amplo programa que inclúe a presentación no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, do proxecto e posta en valor das Torres de Altamira, tamén dos traballos de investigación que se están levando a cabo para a elaboración do plan director das Torres, unha ruta histórica, a representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns e os concertos de Caldo e de Grande Amore.

Este pasado mércores, 18 de setembro, o concelleiro de Turismo do Concello de Ames, Manuel Lens, e a técnica municipal de turismo, Sonia Moure, reuníronse en Padrón cos representantes e técnicos do departamento de turismo dos concellos de Brión, Dodro, Padrón e Santiago, co obxectivo de seguir avanzando no impulso da ruta rosaliana As pegadas de Rosalía. Así, durante o encontro, entre outros temas, aprobouse a incorporación do Concello de Dodro a este grupo de traballo; analizáronse as diferentes propostas legais para facer un convenio/protocolo co obxectivo de poder optar a axudas económica e perfilouse a programación para o ano 2020.

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 25 de maio ao 11 de xuño de 2023. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, unha efeméride que ten lugar mañá, 24 de febreiro, o Concello de Ames, xunto cos municipios de Brión, Padrón, Santiago e Dodro, e coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro, organizan a actividade denominada “Caldo de Gloria”. Deste xeito, servirase caldo galego na Rede municipal de comedores escolares. Deste xeito, preto de 1.300 nenos e nenas xantarán o caldo que Rosalía de Castro describe no poema Miña casiña, meu lar de Follas Novas.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou para este domingo 27 de abril unha andaina polo Mar de Ovellas. Esta actividade, que está incluída na programación de Rosalía 2025, tivo que ser adiada en dúas ocasións por inclemencias meteorolóxicas. As persoas que queiran participar na andaina teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. Trátase dunha ruta de dificultade media que parte de Augapesada e vai ata o local social de Trasmonte. O seu itinerario coincide co Camiño de Fisterra – Muxía. A andaina estará teatralizada polos Quinquilláns e Lupe Blanco. A actividade rematará no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos.

O Concello de Ames vén de crear no monte de Ventosa, na parroquia de Covas, o Bosque do Peregrino, onde se plantaron 35 árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, freixos, sobreiras e bidueiros. Deste xeito, dótase ao entorno dunha paisaxe típica de monte galego. Ademais, habilitouse un miradoiro dende o que os/as peregrinos/as do Camiño Fisterra-Muxía, así como a veciñanza de Ames, poderán desfrutar das vistas da do Val da Maía. Nesta actuación investíronse preto de 20.000 euros. Ao longo de 2021 completarase con novos equipamentos (un parque infantil, unhas mesas, unha fonte e un panel informativo).

Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, e Manuel Lens, Concelleiro de Turismo de Ames, Presidenta e Secretario da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, respectivamente, xunto con Inés Monteagudo, alcaldesa de Muros; Luís Oujo, alcalde de Porto do Son; Santiago Freire, alcalde de Noia; Manuel Dos Santos, Concelleiro de Turismo de Rois, e Pablo Lago, alcalde de Brión, foron recibidos  por  José  Miñones na tarde do pasado luns nas instalacións  da  Delegación do Goberno, na cidade da Coruña, para abordar distintos aspectos relativos ao Camiño da Ría de Muros Noia que son competencia de varios organismos de ámbito estatal.

A Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames organizan o primeiro concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo desta nova iniciativa é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes remata o martes 25 de maio de 2021.

A Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames organizan a segunda edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes remata o 24 de maio de 2022. As fotografías teñen que ser enviadas por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.

Eventos del departamento

O Concello de Ames programa para o sábado 14 de setembro unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018