Actualidade
O Concello de Ames habilitou un sistema de detección temperá de inundacións que se executou no paseo fluvial de Bertamiráns. Concretamente instalouse unha estación de aforo no rego dos Pasos, afluente do río Sar. Dita actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames. Na instalación deste sistema realizouse un investimento total de 11.555,50 euros (IVE incluído). Permitirá dispor dunha monitorización do nivel do caudal en tempo real para tratar de evitar enchentes. Para dispor de máis información sobre este sistema podes ver este vídeo explicativo.
O Concello de Ames presentou esta mañá o plan municipal de incendios forestais de 2023, que inclúe as actuación en materia de prevención de incendios e mailo dispositivo municipal de actuacións ante lumes forestais para o período estival deste ano. En dito plan están recollidas as medidas e pasos que hai que dar segundo a magnitude do lume e da situación de emerxencia, así como os medios dos que dispón o Concello, os diferentes grupos de intervención e os contactos e teléfonos das persoas e grupos que forman parte de dito dispositivo. Premendo nesta ligazón podes decargar o plan municipal de incendios forestais de 2023.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves, 1 de xuño de 2023, os acordos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural polos que se someten a información pública os borradores de guía e proxectos de ordenación produtiva de catro aldeas modelo, entre as que se atopa a de Ferreiros, na parroquia de Agrón. O borrador do proxecto de ordenación produtiva é un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas na aldea modelo de Ferreiros, dende o punto de vista económico, técnico, social e ambiental. O prazo de presentación de observacións e achegas é dun mes a partir de hoxe (dende o día seguinte da publicación no DOG).
O Concello de Ames, a través da Concellería de Medio Ambiente organizou o pasado sábado, 6 de maio, a I Feira do Pan e do Cereal. A feira, que se celebrou en Bugallido, conxugou exposicións, charlas, degustacións e obradoiros co obxectivo de animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada. O evento, que busca ser un referente dentro do seu sector, contou ademais coa colaboración de O Fogar do meu burro, do Museo do Pobo Galego e do tecido asociativo da parroquia de Bugallido. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da feira.
O Campo da Festa da Bugallido acolle este sábado, 6 de maio, a I Feira do Pan e do Cereal. Unha feira que nace co obxectivo de animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada; cultivos que noutros momentos quedaron relegados e que agora teñen unha grande oportunidade de triunfar da man da recuperación e valoración do pan tradicional. O evento, que busca ser un referente dentro do seu sector, arranca ás 11:30 horas con exposicións, charlas, obradoiros e degustacións. Todas as actividades son de balde e con entrada libre ata completar aforo.
A Aula da Natureza continúa coas súas actividades do mes de abril. Entre as iniciativas propostas inclúese unha ruta ambiental e unha visita á Casa do Patrón, en Lalín, que terá lugar este sábado, 15 de abril. Hai 10 prazas dispoñibles. Para o desprazamento ofrecerase servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns e ás 10:45 horas da Casa da Cultura do Milladoiro. Os interesados en participar deben mandar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
Xa está aberto o prazo para inscribirse nas actividades programadas para abril pola Aula da Natureza do Concello de Ames, dependente da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente. Durante as fins de semana deste mes desenvolveranse tres actividades: un curso de horta sostible, unha ruta ambiental e visita etnográfica á Casa do Patrón, en Lalín, e un paseo botánico por Agrón. Os interesados en participar xa poden anotarse, enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo da Aula da Natureza para o primeiro semestre do ano pode consultarse premendo nesta ligazón.
Este mércores, 29 de marzo, presentouse o sistema de detección temperá de inundacións que se executou no paseo fluvial de Bertamiráns. Concretamente instalouse unha estación de aforo no rego dos Pasos, afluente do río Sar. Dita actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames. Na instalación deste sistema realizouse un investimento total de 11.555,50 euros (IVE incluído). Permitirá dispor dunha monitorización do nivel do caudal en tempo real para tratar de evitar enchentes.
Este mércores, 29 de marzo, ás 13.00 horas, preséntase o sistema de detección temperá de inundacións que se executou no paseo fluvial de Bertamiráns. Concretamente instalouse unha estación de aforo no rego dos Pasos, afluente do río Sar. Dita actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames. Na instalación deste sistema realizouse un investimento total de 11.555,50 euros (IVE incluído). Permitirá dispor dunha monitorización do nivel do caudal en tempo real para tratar de evitar enchentes.
A Aula da Natureza do Concello de Ames, dependente da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, ten aberto o prazo para inscribirse nas actividades programadas para o mes de marzo. Unha das actividades previstas é un ruta por Riamontes que se vai desenvolver o sábado, 25 de marzo, e que está dirixida á rapazada de 6 a 14 anos. A ruta farase en horario de mañá e para participar hai que enviar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O programa ao completo para o primeiro semestre pode consultarse premendo nesta ligazón.
- ‹ anterior
- 8 de 23
- seguinte ›