Actualidade

Ex., 08-01-2025
Ex., 08-01-2025
Mércores, 22 de marzo de 2023
O Punto Limpo está situado no polígono Novo Milladoiro

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 615 entradas en febreiro de 2023. Durante o pasado mes destaca a achega de 2485 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 480 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e 77 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas. O Punto Limpo, inaugurado en xaneiro de 2007, está situado na rúa das Hedras, no parque empresarial do Milladoiro, e abre de luns a sábado de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Xoves, 16 de marzo de 2023
Inaugúrase no Pazo da Peregrina a exposición “O herbario de Rosalía”, que se poderá visitar ata o 2 de abril

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu esta mañá a inauguración da exposición “O herbario de Rosalía”, unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora. Momentos antes de dita inauguración tivo lugar a plantación dunha camelia híbrida doada pola Fundación Rosalía de Castro, en memoria da figura da autora. Ao acto acudiron o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Turismo e Medio Ambiente, Manuel Lens; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; e unha das coautoras do libro “O herbario de Rosalía”, María López Sández. A mostra poderá visitarse ata o día 2 de abril, de xoves a domingo.

Martes, 14 de marzo de 2023
Cartaz do curso de interpretación ambiental

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza para os días 24, 25 e 26 de marzo un curso de interpretación do patrimonio natural. O taller está dirixido a guías de natureza, guías turísticos, monitores de tempo libre, e, en xeral, persoas interesadas en comunicar valores ambientais. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

Martes, 07 de marzo de 2023
Ao longo de xaneiro rexistráronse 702 entradas

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 702 entradas en xaneiro de 2023. Durante o pasado mes destaca a achega de 2940 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 400 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e 96 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas. O Punto Limpo, inaugurado en xaneiro de 2007, está situado na rúa das Hedras, no parque empresarial do Milladoiro, e abre de luns a sábado de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Sábado, 25 de febreiro de 2023
Actividades da Aula da Natureza para o mes de marzo

A Aula da Natureza do Concello de Ames, dependente da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, abre o prazo para inscribirse nas actividades programadas para o mes de marzo. Haberá cinco actividades durante as fins de semana de marzo. As persoas que estean interesadas en participar nestas actividades xa poden anotarse, enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O programa ao completo para o primeiro semestre pode consultarse premendo nesta ligazón.

Xoves, 02 de febreiro de 2023
 Inaugúrase a Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño

O Concello de Ames realizou unha intervención na Carballeira de Paramuíño, na parroquia de Biduído, para poñer en valor a flora e fauna deste lugar. Dita carballeira atópase nas inmediacións do CEP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído. A través da intervención realizada neste lugar colocáronse varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta macaón, donosiña, curuxa, píntega e peto real). Tamén se recrearon os seres das nosos contos e lendas, como trasgos ou damas. A través desta actuación trátase de poñer en valor este lugar e dalo a coñecer entre a veciñanza amesá. Esta é a primeira parte do proxecto ao que se lle pretende dar continuidade dotando á Carballeira con máis contido. A recreación feita na carballeira correu a cargo da empresa amesá Escenoset.

Martes, 31 de xaneiro de 2023
Acto de presentación da programación da Aula da Natureza para este semestre

Esta mañá presentouse na praza do Concello a programación da Aula da Natureza para o primeiro semestre do ano 2023. En total, ofrécense unhas quince actividades, repartidas entre os meses de febreiro e xuño. A primeira delas, un obradoiro sobre ornitoloxía e comedeiros para animais, desenvolverase este mesmo sábado, día 4, e os interesados en participar xa poden anotarse, enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Para o resto de iniciativas haberá un prazo específico de inscrición, que abrirá aproximadamente 10 días antes da realización de cada actividade. O programa ao completo para o primeiro semestre pode consultarse premendo nesta ligazón. 

Venres, 30 de decembro de 2022
Ao longo do mes de novembro realizáronse unhas 564 entradas no servizo

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames rexistrou 564 entradas en novembro de 2022. Durante o pasado mes destaca a achega de 2.355 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 368 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e 147 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas. O Punto Limpo, inaugurado en xaneiro de 2007, está situado na rúa das Hedras, no parque empresarial do Milladoiro, e abre de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os domingos e festivos está pechado. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Luns, 12 de decembro de 2022
A Aula da Natureza ofrece tres novas actividades para rematar o ano

A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, tres novas actividades: unha observación astronómica, que se celebrará este sábado, 17 de decembro, un obradoiro de postais de Nadal con material natural, que terá lugar o domingo 18, e un campamento de natureza, entre o 27 e o 30 de decembro. Os interesados en participan deben inscribirse previamente, e para máis información pódese escribir ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 660 00 46 65.

Mércores, 23 de novembro de 2022
A segunda quenda celebrarase este sábado, 26 de novembro

A Aula da Natureza de Ames segue organizando durante este mes de novembro diversas actividades dentro da súa programación de outono. O pasado 19 de novembro celebrouse un obradoiro de creación de xoias naturais para adultos, e este sábado, 26 de novembro, está programada unha nova quenda. Nesta ocasión participarán rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos. Aínda quedan prazas dispoñibles, e as inscricións poden realizarse enviando a seguinte ficha debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.