Actualidade

A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de cara aos meses de xuño e xullo, coa vista posta nas vacacións escolares. Así, de cara á estación estival, realizaranse un total de doce cursos, entre os que non faltarán os esperados cursos de verán para a rapazada ou os obradoiros de nivel medio para adultos, centrados en cuestións como a rede, o móbil, o traballo colaborativo e o correo electrónico. A programación tamén incluirá un ciclo de empregabilidade, exames EMA e unha videoconferencia sobre compras e contratacións a distancia. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.

A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de cara aos meses de maio e xuño, con cursos para adultos, actividades para os/as máis cativos/as e varios exames EMA. Asemade, proseguirase cos cursos anunciados durante o mes de abril destinados aos adolescentes sobre edición de imaxes. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.
- ‹ anterior
- 5 de 5