Unha das construción populares máis estendidas son as fontes. Xeralmente eran resultado dun traballo comunal e o seu coidado e mantemento correspondía igualmente á comunidade. En Ames hai dous tipos de fontes: a fonte de manancial ou mina e a do fonte de cano.
A fonte de manancial consiste nun depóstio situado na boca da mina ou ao final da canle que enlaza con ela. O depósito adoita facerse a base dun pequeno muro de contención feito en pedra que se usa para estancar a auga.
A fonte de cano vén ser unh simple muro de pedra á saída da mina ou boca do manancial que conduce a auga a través dun cano de metal ou pedra para deitala nun pequeno pilón.
Entre as fonte de Ames salientan as de:
- San Pedro de Bugallido
- San Paio de Lens
- San Cristovo de Tapia
- Santo Tomé de Ames