Pestanas principais

Lavadoiros

Os lavadoiros públicos construíronse co aproveitamento da auga sobrante das fontes, que circula dun estremo ao outro. Teñen forma rectangular cunha plataforma de pedra inclinada cara a auga para refregar a roupa, que remata nunha canle para depositar o xabrón. As súas dimensións varían en función do núcleo de poboación ao que daban servizo. Os máis antigos carecían de cuberta.

Lavadoiro de Arufe

 Situado en Arufe, na parroquia de Agrón, protexido por unha cuberta a dúas augas.

Lavadoiro de Piñor

Localizado en Piñor, en San Lorenzo de Agrón, está realizado en pedra e protexido por unha cuberta a catro augas con acabado de tella plana.

Lavadoiro de Quintáns

Lavadoiro de pedra, situado en Quintáns na parroquia de Santo Tomé, protexido por unha cuberta a dúas augas sobre muro e pilares de pedra sen decoración. Ao seu carón encóntrase unha fonte dun só cano.

Lavadoiro de Santa María de Biduído

Lavadoiro situado onda a igrexa de Santa María de Biduído que dispón dunha cuberta realizada con posterioridade á construción inicial.