Os pombais son construcións circulares ou poligonais destinadas a criar pombas que xeralmente forman parte das casas nobres e rectorais. Dispoñen de paredes de cachotería de pedra recuberta dun lucido branco, tellado con buratos, orientados cara a zona protexida do vento, que permiten a entrada e saída das aves cun pousadoiro que circunscribe o perímetro da construción.
No interior teñen nichos nos que aniñan as pombas, tornarratos e unha mesa onde se deposita o gran. A porta de acceso está elevada. Antigamente, o número de pombas simbolizaba a riqueza dos seus propietarios e os pichóns eran moi valorados na gastronomía.
- Santa María de Trasmonte
- Santo Tomé de Ames
- San Cristovo de Tapia
- San Xoán de Ortoño
- San Paio de Lens
- Santo Estevo de Covas
- San Pedro de Bugallido