Pestanas principais

Lexislación aplicable

Unha asociación sen ánimo de lucro é unha agrupación de persoas que se organizan para realizar unha actividade colectiva. A diferenza doutras formas de organizarse e actuar, a asociación goza de personalidade xurídica, o que a fai capaz de adquirir dereitos e contraer obrigacións. Establécese así unha diferenciación entre o patrimonio da asociación e o das persoas asociadas.

Existen diferentes tipos de asociacións, algunhas das cales contan con normas específicas, pero todas estas normas axústanse a unha única lei orgánica que regula o dereito fundamental de asociación. Ademais, esta lei orgánica ten carácter supletorio, de forma que aqueles aspectos que non estean regulados en normas específicas e si na lei orgánica rexeranse polo disposto nesta.

 
Órganos de una asociación

Os órganos que prevén as leis de asociación son fundamentalmente dúas:

  • Órgano de goberno (xeralmente denominado Asemblea de socios).
  • Órgano de representación (representantes nomeados de entre os membros do órgano de goberno. Xeralmente denomínase Xunta directiva, aínda que é relativamente común atopar outros nomes como Comisión executiva, Comisión de goberno, Equipo de goberno, Xunta xestora, etc.).

Dado que existe liberdade de autoorganización, unha asociación pode perfectamente engadir outros órganos para desempeñar funcións determinadas, como comisións de traballo, órganos de control interno/auditoría, etc.

Normativa