Pestanas principais

Aberto ata o 6 de setembro o prazo para xustificar as actividades realizadas por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro durante o primeiro semestre de 2024

Xoves, 22 agosto, 2024
O Concello de Ames vén de aprobar na Xunta de Goberno Local do 16 de agosto a concesión das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que levaron a cabo actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social de Ames durante o primeiro semestre de 2024.

O pasado 19 de agosto a resolución da convocatoria foi comunicada ás entidades beneficiarias, que teñen de prazo ata o 6 de setembro para presentar a xustificación das actividades realizadas.