Mércores, 3 febreiro, 2021
- Tematica
O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames anuncia a convocatoria, presentada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. O prazo de solicitude remata o día 24 de febreiro.
Dende hoxe, mércores día 3 de febreiro, ata o vindeiro mércores 24 de febreriro de 2021, está aberto o prazo de inscrición nos cucrsos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA).
Os cursos que se ofertan nesta provincia son:
Presenciais
A Coruña ............................... Celga 4
Ferrol ..................................... Celga 4
Santiago de Compostela ........ Celga 4
Teleformación
3 cursos a nivel Galicia ......... Celga 1
1 curso a nivel A Coruña ........Celga 2
2 cursos a nivel A Coruña ..... Celga 3
5 cursos a nivel A Coruña ..... Celga 4
Descargas: