Luns, 19 setembro, 2022
- Tematica
O programa “Amessán” volve con novos obradoiros saudables para os e as maiores de 60 anos a partir do luns 3 de outubro de 2022. Os interesados poden inscribirse e obter máis información no teléfono 662 377 044 ou 630 693 404. Tamén poden realizar a súa inscrición de xeito presencial nas Casas de Cultura do Milladoiro e Bertamiráns en horario de 9:00 a 12:00 horas.
A oferta deste curso inclúe, os xa coñecidos, cursos de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, música tradicional galega ou bailoterapia. Son actividades todas elas pensadas para manterse activos e coidar a saúde física e emocional dos maiores do concello.
Os distintos cursos impartiranse en Bertamiráns e no Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Aguapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira, Trasmonte e Oca.