- Tematica
Os rapaces e rapazas que queiran participar nos cursos de natación do mes de agosto están a tempo de inscribirse, xa que o prazo para anotarse vai do 11 ao 22 de xullo. As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático a través da plataforma Cronos. Estes cursos están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.
Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) poderá solicitarse nas oficinas de Recadación, de xeito presencial. Existen dúas oficinas de Recadación, unha no Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; e outra en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas.
Outra opción é facelo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 88 48 96. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.
Prezos dos cursos
No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.