luns, 7 Xuño, 2021 a luns, 5 Xullo, 2021
- Tematica
O Concello de Ames informa que de conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración dunha nova redacción da ordenanza fiscal nº 2.1 reguladora do imposto sobre bens inmobles do Concello de Ames, se procede a efectuar, en cumprimento do decreto da Alcaldía 1963/2021, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de saber a opinión dos suxeitos e das organizacións mais representativas potencialmente afectados pola futura ordenanza.
Hai un prazo para elo de 20 días hábiles a contar dende o 7 de xuño de 2021 e ata o día 5 de xullo de 2021, ambos inclusive. A forma de participación é a través da dirección electrónica secretaria@concellodeames.gal.
Poderá acceder á información de dita consulta a través da Páxina Web Municipal apartado de Transparencia-Consulta Pública- Documentos Públicos 2021 ou premendo no enlace https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2..., poderás obter a información detallada do anuncio de dita consulta.
Tamén está dispoñible no Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica do Concello de Ames.