- Tematica
Son susceptibles de matricularse os nenos e nenas que teñan entre tres meses e tres anos. A documentación que hai que cubrir para tramitar a solicitude de praza pódese descargar na web conciliames.gal ou recollela nas escolas infantís municipais, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Unha vez cuberta a documentación, poderá entregarase por medio da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas dependencias das propias escolas, tamén en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa chamando aos números de teléfonos 981 538 433 (EIM A Madalena) e 682 497 369 (EIM O Bosque).
Debido á situación actual derivada da Covid-19 cumprirase estritamente o horario de cada cita. As citas serán individuais, non podendo vir en ningún caso acompañados/as. Deberase vir provisto de mascarilla, guantes e gardaranse as distancias de seguridade. Esperarase fóra das escolas ata que o persoal da escola lle facilite a entrada a cada persoa. Será necesario levar toda a documentación cuberta. Non se facilitará ningún obxecto de escritura.
Para máis información, os interesados ou interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns; e a EIM A Madalena situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro. Tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena) ou utilizar os enderezos electrónicos: eibertamirans@concellodeames.gal // eiamadalena@concellodeames.gal.
> Accede ao trámite de inscrición nas escolas infantís municipais