- Tematica
Para a celebración das cacharelas/sardiñadas, as persoas, organizacións e comunidades deberán presentar a solicitude correspondente, segundo o modelo publicado na Sede electrónica do Concello de Ames e dispoñible fisicamente nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello, enchendo tódolos datos que constan en dito modelo.
No caso de cacharelas ou sardiñadas solicitadas para espazos públicos deberase achegar, xunto coa solicitude, un mapa do lugar exacto no que se celebrará a fogueira. Aquelas que sexan solicitadas en espazos públicos deberán ser expresamente autorizadas polo concelleiro de Administración xeral e urbanismo a través dunha resolución que será publicada na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios .
No caso das solicitudes de cacharelas/sardiñadas para espazos privados, o Concello de Ames enviará unha mensaxe confirmando a recepción da mesma, que será suficiente para levar a cabo o evento.
As solicitudes deberán ser presentadas:
- Para espazos públicos: desde o 5 ao 17 de xuño de 2024, ás 13:30 horas.
- Para espazos privados: desde o 5 ao 21 de xuño de 2024, ás 13:30 horas.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén se poderá facer acudindo ás Oficinas de asistencia en materia de rexistro sitas en Bertamiráns e no Milladoiro, sen necesidade de solicitar cita previa.
Para dispor de máis información sobre as normas e recomendacións a ter en conta para facer cacharelas e sardiñadas podes consultar o bando municipal aprobado pola Alcaldía. O cumprimento das normas respecto ás cacharelas será comprobado pola Policía Local e/ou corpos e forzas de seguridade.
> Accede ao trámite para solicitar permiso para realizar cacharelas por San Xoán