Pestanas principais

Abre o prazo para anotarse nas sesións de contacontos "Merenda de contos" da biblioteca do Milladoiro

Luns, 25 setembro, 2023
Dende hoxe, 25 de setembro, e ata o vindeiro sábado 30, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura para cativos e cativas na biblioteca do Milladoiro, "Merenda de contos". Haberá tres sesións de contacontos, que se celebrarán os días 3, 4 e 5 de outubro, sempre ás 17:30 horas, e que están dirixidas a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 530 807.

Multimedia