Pestanas principais

Abre o prazo para anotarse nas sesións de contacontos "Merenda de contos" en Bertamiráns e no obradoiro "Desprega a túa imaxinación"

Luns, 9 outubro, 2023
Dende hoxe, 9 de outubro, e ata o vindeiro sábado 14, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura para cativos e cativas na biblioteca de Bertamiráns, "Merenda de contos". Haberá tres sesións de contacontos, que se celebrarán os días 17, 18 e 19 de outubro, sempre ás 17:30 horas, e que están dirixidas a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 884 829.

Ademais, ata o mércores 18 tamén está aberto o prazo de inscrición no obradoiro "Desprega a túa imaxinación", dirixido a rapazada a partir de 3º de Primaria. Nel, os participantes terán a ocasión de elaborar un libro pop-up. Celebrarase o venres 20 de outubro ás 17:30 horas na biblioteca do Milladoiro; e o sábado 21 de outubro ás 11:30 horas na de Bertamiráns. O procedemento para anotarse é o mesmo que para os contacontos: chamar aos números 981 530 807 (para Milladoiro) ou 981 884 829 (para Bertamiráns) ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal

A programación de actividades ao completo para a segunda metade do ano pódese consultar ao completo premendo nesta ligazón.

Multimedia