Venres, 6 outubro, 2023
- Tematica
Xa está aberto o prazo de inscrición nas clases de ioga terapéutico que organiza a Concellería de Promoción da Saúde. Poderaste anotar ata o xoves 12 de outubro ás 14.00 horas, cubrindo o formulario de inscrición. Esta actividade impartirase no Milladoiro e Bertamiráns.
O ioga terapéutico impartirase en espazos interiores: no pavillón polideportivo do Milladoiro os luns e mércores, de 10.00 a 11.00 horas, mentres que en Bertamiráns será no Pazo da Peregrina, os martes e xoves de 10.00 a 11.00 horas e os luns e mércores de 17.00 a 18.00 horas. O ioga combina o exercicio físico coa meditación para conseguir un resultado terapéutico.
Poderaste anotar ata o xoves 12 de outubro ás 14.00 horas, cubrindo o formulario de inscrición. Esta actividade impartirase no Milladoiro e Bertamiráns.