- Tematica
As persoas, que fagan a solicitude de forma individual, deberán tramitala de xeito presencial nos rexistros municipais, mentres que as asociacións, organizacións e comunidades deberán tramitar a solicitude a través da sede electrónica: https://sede.concellodeames.gal/opencms/gl/.
As persoas, asociacións, organizacións e comunidades que fagan a solicitude deberán achegar o nome, enderezo e número de teléfono do responsable, así como o resto de datos que contan no modelo de solicitude. Ademais, as solicitudes para espazos públicos deberán ir acompañadas dun plano de situación de onde irá a cacharela/sardiñada. No caso de que se solicite tamén material propiedade do Concello, deberán esperar a concesión da cacharela para poder facer despois a petición dos elementos que precisen.