Pestanas principais

Abren as inscricións para as sesións de contos “Historias que non son o que parecen” en Bertamiráns

Luns, 14 marzo, 2022
“Historias que non son o que parecen” é a segunda proposta de contacontos de 2022 para crianzas de 3 a 8 anos nas bibliotecas amesás. Como é habitual nas actividades de animación á lectura, haberá tres sesións, os días 22, 23 e 24 de marzo en Bertamiráns, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto para as sesións na biblioteca de Bertamiráns, dende este luns 14 ata o sábado 19 de marzo, para as que haberá que chamar ao 981 88 48 29, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

Multimedia