Pestanas principais

Actualización das medidas contempladas para a fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade

Luns, 18 maio, 2020
O Concello de Ames informa sobre a Orde SND/414/2020, do 16 de maio, na que se establece unha actualización das medidas contempladas para a Fase 1. Estas novas medidas afectan a apertura de locais comerciais minoristas; accións comerciais ou de promoción; así como da actividade cinexética e de peca deportiva e recreativa.

APERTURA DE LOCAIS COMERCIAIS MINORISTAS:
Poderá procederse á reapertura ao público de tódolos establecementos e locais comerciais minoristas aínda que a súa superficie útil de exposición e venda sexa superior a 400 metros cadrados, sempre que acoten o espazo aberto a esta limitación e cumpran os seguintes requisitos establecidos para a apertura de establecementos dentro da fase 1:

-Que se reduza ao trinta por cento o aforo total nos locais comerciais. No caso de establecementos distribuídos en varias plantas, a presenza de clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción. En calquera caso, deberase garantir unha distancia mínima de dous metros entre clientes. Nos locais comerciais nos que non sexa posible manter dita distancia, permitirase unicamente a permanencia dentro do local dun cliente.

-Que se estableza un horario de atención con servizo prioritario para maiores de 65 anos.

-Que cumpran adicionalmente coas medidas que se recollen neste capítulo.

ACCIÓNS COMERCIAIS OU DE PROMOCIÓN:
As accións comerciais ou de promoción que leven a cabo os establecementos comerciais deberán estar acompañadas de medidas destinadas a asegurar que non se xeren aglomeracións que impidan o mantemento da distancia de seguridade, o cumprimento dos límites de aforo, ou comprometan o resto de medidas establecidas nesta orde, debendo adoptar as medidas adecuadas para evitalas, incluíndo o cesamento inmediato das mencionadas accións comerciais ou de promoción si resultase necesario.

ACTIVIDADE CINEXÉTICA E PESCA:

Caza:
Queda permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade e as medidas de hixiene e prevención fixadas polas autoridades sanitarias.

Para o desenvolvemento da actividade cinexética organizada que implique a máis dun cazador, deberase dispor dun plan de actuación por parte do responsable no que se detallen as medidas de prevención e hixiene a observar.

Pesca deportiva e recreativa:
Queda permitida a práctica da pesca deportiva e recreativa en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade e as medidas de hixiene e prevención fixadas polas autoridades sanitarias.

Para o desenvolvemento destas actividades será preciso cumprir as medidas xerais de prevención e hixiene fronte á COVID-19 indicadas polas autoridades sanitarias e en particular:

-Cando non sexa posible manter a distancia de seguridade establecida será obrigatorio o uso de máscara.
-Non se compartirán utensilios de caza ou pesca, nin utillaje de comida ou bebida.
-Deberase limpar e desinfectar o vestiario despois do seu uso de acordo con o previsto no artigo 6 da Orde.
-Deberanse limpar e desinfectar os utensilios de caza e pesca utilizados.