- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellería de Deportes e Promoción da Saúde, vén organizando a iniciativa de Andainas Saudables, un programa para promover hábitos de vida saudables entre a veciñanza amesá. Para este vindeiro sábado 25 de xaneiro, estaba previsto que se percorrera a terceira etapa do Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía, unha ruta que ten un percorrido total de 120 quilómetros e que é a única que ten como orixe de partida a capital galega. Ademais, o itinerario atravesa lugares do noso concello, así como de Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, ata chegar a Fisterra e Muxía.
Os/as participantes teñen que cruzar o lugar de Vilaserío e dirixirse O Cornado. Xa neste lugar, teñen que ir andando por pistas de terra e pistas forestais ata chegar As Maroñas e, de seguido, continuar ata Santa Mariña, onde poden atopar unha igrexa. Desde Santa Mariña teñen que seguir camiñando ata saír da estrada por un camiño a man dereita, que discorre entre pequenas aldeas nas que se poder ver varias explotacións agrarias.
Debido ás condicións metereolóxicas adversas previstas para o día de mañá, esta actividade queda aprazada e, nas vindeiras semanas, anunciarase unha nova data.