Pestanas principais

Adíase a II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames

Luns, 10 xuño, 2024
A II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, inicialmente prevista para o 14 de xuño, adíase por prognóstico meteorolóxico desfavorable. Finalmente, celebrarase o venres 28 de xuño no Pazo da Peregrina (Bertamiráns), ás 20:30 horas. As entradas poden adquirirse ata o vindeiro 26 de xuño. A aquelas persoas que adquirisen a entrada, pero non poidan asistir nesta nova data, devolveráselles o importe íntegro.

Multimedia