Xoves, 30 xaneiro, 2025
- Tematica
A Aula da Natureza informa de que a ruta circular pola Lagoa de Cospeito adíase para o domingo 9 de febreiro. Debido ás intensas choivas dos últimos días os camiños están anegados, polo que non poderá realizarse este domingo 2 de febreiro como estaba previsto inicialmente.
O domingo, 9 de febreiro, de 10.30 a 18.00 horas, en conmemoración do día mundial dos humidais, realizarase unha ruta circular pola Lagoa de Cospeito. Deste xeito, os participantes poderán coñecer a fauna e flora do lugar e, ademais, contarán cunha visita guiada á Torre de Caldaloba, unha construción que data da época medieval e declarada como BIC no ano 1994. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.30 desde Bertamiráns e ás 10.45 do Milladoiro.