Pestanas principais

Adíase a xornada de astronomía “Noite de Estrelas” prevista para o sábado 13 de xullo

Xoves, 11 xullo, 2024
O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, informa de que se adía a xornada de astronomía “Noite de Estrelas”, que estaba prevista para o sábado 13 de xullo. Dita observación íase realizar dende o alto de san Marcos. A actividade cancélase debido á predición meteorolóxica que é adversa para realizar a observación. Proximamente anunciarase unha nova data para organizar esta actividade.