Mércores, 13 novembro, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que están á venda os bonos para asistir aos espectáculos do programa Cinema Miúdo. O custe de cada bono é de 3 euros, permitíndoche seleccionar despois da súa adquisición os eventos aos que desexas asistir e maila butaca que prefires escoller para cada espectáculo. Dende o 14 ata o 17 de novembro, as Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns transformaranse no epicentro do cinema infantil coa celebración do Festival Internacional de Cinema Miúdo. Durante catro días, nenos e nenas de todas as idades poderán gozar dunha programación moi coidada de curtametraxes, talleres, e actividades especiais.
Sigue os seguintes pasos:
1.-Adquire os bonos para Cinema Miúdo premendo nesta ligazón (podes adquirir ata 4 bonos).
2.-Accede como usuario/a rexistrado/a a cada evento que sexa do teu interese, selecciona as butacas desde onde queiras ver o espectáculo e canxea o teu bono.
3.-Deste xeito recibirás as entradas para todos os eventos aos que desexes asistir.
Nesta edición, denominada As orixes do Cinema, convídase á cativada a unha viaxe pola historia da sétima arte, desde os clásicos do cinema mudo ata as animacións máis contemporáneas.