Mércores, 2 xaneiro, 2019
O Concello de Ames participa, un ano máis, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro. Dirixida a rapazas e rapaces de 11 a 15 anos, ambos incluídos, a campaña inclúe a realización de cursos de esquí. As mozas e mozos amesáns participarán deste programa entre 25 e o 28 de xaneiro. As inscricións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00h a 14:00 horas, ata o vindeiro 10 de xaneiro. O custo desta actividade, que conta con 12 prazas dispoñibles, é de 85 euros. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un folleto informativo da campaña no que está incluído o impreso de inscrición.