Pestanas principais

Aínda quedan prazas libres para inscribirse nalgunhas das actividades das Escolas municipais deportivas

Mércores, 8 xaneiro, 2025
Aínda quedan prazas libres nalgunhas das actividades das Escolas deportivas municipais para o período 2024/2025. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases".

O departamento de Deportes reabre un novo prazo de inscrición nas Escolas deportivas municipais ao quedar prazas libres nalgunhas das actividades Nesta nova oportunidade poderán formalizar a matrícula todas aquelas persoas que non o fixeron nas primeiras quenda ou que quedaran excluídas desta. Tamén poderán anotarse aqueles/as aos/ás que xa se lles adxudicou praza noutra actividade (segunda actividade). Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto coa oferta de actividades das Escolas deportivas.

Os/as interesados/as poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, premendo aquí, e accedendo ao módulo “inscrición en clases”. Nesta ligazón atoparás as instrucións de funcionamento de Cronos.                      

Unha vez que, habendo prazas libres, se obtivera praza na plataforma, deberá xestionarse o pagamento solicitando a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación. Este trámite poderá realizarse a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, nº 6 en Bertamiráns ou na rúa Viorneira, nº 6 no Milladoiro.

Actividades ofertadas
As actividades, organizadas polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña, comezarán o martes, 1 de outubro e rematarán o 14 de xuño de 2025. Nesta ocasión, as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos poderán inscribirse nas actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe adestramento funcional; aerozumba; ioga, pilates; spinning, abdominais e glúteos; e ximnasia de mantemento.

As tarifas para o curso completo son de 48 euros para os maiores de 18 anos e de 32 euros para os menores de 18 anos. No caso do segundo membro da unidade familiar serían 16 euros e no dun terceiro membro e seguintes de 8 euros.