Venres, 1 xullo, 2022
As instalacións da EMMA acollen este sábado 2 de xullo unha xornada divulgativa en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais e de autoprotección para a poboación rural das parroquias de alta actividade incendiaria. O encontro terá lugar ás 11:00 horas co obxecto de concienciar e sensibilizar á población destas parroquias sobre os danos que ocasionan os incendios e os riscos que representan, tanto para as personas como para os bens.
A sesión terá unha duración aproximada de entre unha e dúas horas, onde se informará das medidas de prevención e defensa contra os incendios. Tamén se abordarán medidas de autoprotección e para protexer as vivendas e as edificaciones dos lumes. Con estas accións búscase concienciar ao vecindario das accións de prevención establecidas na Lei de prevención de incendios forestais de Galicia e que son de obrigado cumprimento.
Asimesmo, as charlas buscan concienciar á ciudadanía da importancia de denunciar calquera actividade delictiva incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento, no teléfono gratuíto 900 815 085. Así como, informar de calquera incendio no número 085 -tamén gratuíto- para que os efectivos do Servizo de prevención e extinción de incendios poidan chegar o antes posible e minimizar as consecuencias do lume.
Descargas: