Venres, 5 xullo, 2019
- Tematica
O Concello de Ames súmase á concentración convocada pola Plataforma Feminista o vindeiro luns, 8 de xullo, ás 20.00 horas na Praza da Maía. O obxectivo desta iniciativa será mostrar o apoio da sociedade á vítima dos violadores de Manresa, así como a súa repulsa por mor da decisión xudicial ditada ao abeiro deste caso. Asemade, a Concellaría de Benestar Social de Ames quere animar a toda a veciñanza amesá a que se sume a esta concentración para mostrar de maneira pública a condena deste tipo de situacións.