- Tematica
O obxectivo da xornada é incentivar a iniciativa emprendedora de cara á xeración de novas oportunidades de negocio e como unha alternativa viable á inserción laboral.
Nesta xornada, ademais de contar con experiencias de persoas emprendedoras que actuarán como modelos de referencia á hora de planificar e poñer en marcha unha nova idea empresarial, trataranse polo miúdo, os trámites administrativos para facerse autónomo, así como as principais formas xurídicas e exporanse os principais requisitos legais para a posta en marcha e os pasos a seguir para a constitución da empresa.
Desde o Concello de Ames, anímase a todas aquelas persoas interesadas a inscribirse cubrindo este formulario.
Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 674 59 48 43 ou escribir un correo electrónico ao enderezo ames.integra.emprega@gmail.com. Tamén se pode acceder á páxina web https://amesintegraeemprega.es/.