- Tematica
Dende o Alcaldía infórmase que no uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, e en particular o disposto no artigo 9 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, e no artigo 5.f da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
A través de decreto de Alcaldía resólvese:
Autorizar a ampliación de dúas horas sobre os horarios límite de peche que teña establecido para cada un dos locais de hostalería (interior e terrazas) situados no núcleo do Milladoiro os días:
- Día 2 de agosto (noite do 2 ao 3).
- Día 3 de agosto (noite do 3 ao 4).
Autorizar a ampliación de dúas horas sobre os horarios límite de peche que teña establecido para cada un dos locais de hostalería (interior e terrazas) situados no núcleo de Bertamiráns os días:
- Día 9 de agosto (noite do 9 ao 10).
- Día 10 de agosto(noite do 10 ao 11).
Autorizar a ampliación de unha hora sobre os horarios límite de peche que teña establecido para cada un dos locais de hostalería (interior e terrazas) situados no núcleo do Milladoiro os días:
- Día 4 de agosto (noite do 4 ao 5).
- Día 5 de agosto (noite do 5 ao 6).
- Día 6 de agosto (noite do 6 ao 7).
Autorizar a ampliación de unha hora sobre os horarios límite de peche que teña establecido para cada un dos locais de hostalería (interior e terrazas) situados no núcleo de Bertamiráns os días:
- Día 7 de Agosto (noite do 7 ao 8).
- Dia 8 de Agosto (noite do 8 ao 9).
- Dia 11 de agosto (noite do 11 ao 12).