Pestanas principais

Ampliación do prazo de xustificación das axudas da convocatoria de subvencións para promoción de actividades levadas a cabo no ano 2018 por clubs e asociacións deportivas

Venres, 22 febreiro, 2019
O Concello de Ames informa de que na sesión de Xunta de Goberno Local do 14 de febreiro de 2019 foi ampliado o prazo de xustificación das axudas da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo no ano 2018 por clubs e asociacións deportivas do Concello de Ames, exercicio 2018. De conformidade co acordado, o novo prazo ampliado de xustificación remata o día 31 de marzo de 2019. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.