Venres, 11 agosto, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os anuncios do Tribunal dos procesos de estabilización que tiveron probas do Celga. Nestes anuncios, o Tribunal resolve as probas realizadas e publica a baremación provisional dos/as candidatos/as outorgándolle un prazo de reclamacións de 5 días hábiles.
Tamén se publican as segundas actas dos Tribunais, onde se propón o nomeamento de varios candidatos/as que participan nos procesos selectivos para a selección de diversas prazas incluídas dento do proceso de estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público de 2022.
> Premendo nesta ligazón pódese consultar o proceso selectivo ao completo.