Xoves, 30 novembro, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os anuncios publicados no BOP sobre o nomeamento de persoal funcionario de carreira de vinte prazas: unha praza de auxiliar de arquivo, unha praza de responsable da brigada de obras e servizos básicos, e dezaoito prazas de auxiliares administrativos.
Na listaxe dos auxiliares administrativos, ademais dos nomeamentos, o anuncio inclúe o chamamento a unha nova persoa, abríndoselle o prazo de 20 días hábiles para que poida acreditar que cumpre cos requisitos esixidos nas bases.