Pestanas principais

Aprazamento da andaina teatralizada polo mar de ovellas do sábado 5 de abril

Xoves, 3 abril, 2025
Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado 5 de abril, vémonos na obriga de volver aprazar a andaina polo Mar de Ovellas. A nova data para a actividade será o domingo 27 de abril co mesmo horario para coller o autobús: 10:00h na parada de bus a carón da Casa da Cultura do Milladoiro e 10:15h diante do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.