Pestanas principais

Aprobación da listaxe de proxectos seleccionados para a súa participación no Ames AV LAB para o impulso da nova produción dende o Concello de AMES

Venres, 10 maio, 2024
O Concello de Ames informa da publicación do decreto desta Alcaldía número 1490/2024, de 10 de maio, a través do cal avocouse a competencia delegada na Xunta de Goberno local para a aprobación da listaxe de proxectos seleccionados para a súa pariticipación no Ames AV Lab - Laboratorio, para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames.

O Ames AV LAB é un laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames. Enmárcase dentro do Plan de Emprego Local, cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña. Ames AV LAB concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais para impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o impulso do importante tecido produtivo audiovisual do concello de Ames.