Pestanas principais

Aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso publico con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica

Venres, 8 marzo, 2024
En sesión plenaria de 29 de febreiro de 2024, prestouse aprobación inicial á Ordenanza fiscal número 3.B.10 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica do Concello de Ames.

En cumprimento do dito acordo sométese a exposición pública, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ames e nun diario dos de maior difusión da provincia, por prazo de 30 días hábiles a efectos de exame e reclamacións, a contar desde o día seguinte da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

De non formularse reclamacións, o acordo de aprobación inicial da Ordenanza fiscal número 3.B.10 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica do Concello de Ames, quedará elevado a definitivo de forma automática.