Sábado, 21 marzo, 2020
- Tematica
O Concello de Ames informa que as áreas municipais de autocaravanas quedan pechadas ata novo aviso. O Ministerio de Sanidade aprobou dúas novas ordes e unha instrución na que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. Ambas deben de terse en conta tanto pola Policía Local como pola cidadanía.
A primeira das ordes informa da suspensión de apertura ao público de establecementos de aloxamento turístico (hoteis e aloxamentos turísticos similares, así como establecementos e corta estancia como cámpings, aparcamentos de caravanas, etc.) que se encontren en calquera parte do territorio nacional. Deste, xeito quedan pechadas as áreas municipais de autocaravanas de Bertamiráns e do Milladoiro.