Pestanas principais

Atrásase uns días a apertura da piscina descuberta do Milladoiro

Mércores, 14 xuño, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que se atrasa uns días a apertura da piscina municipal descuberta do Milladoiro, debido ás obras de reparación e mantemento que se están executando en dita instalación. Está previsto que se poida abrir o luns 26 de xuño. En caso de que sexa posible abrirase antes, pero dependerá do remate das obras que se están executando.

Cómpre lembrar que na piscina do Milladoiro estanse realizando obras de mellora que inclúen a colocación dun novo valado, un novo sistema de filtrado e depuración, e a impermeabilización das piscinas. A actuación forma parte do plan Ames Progresa 2021-2023 e foi adxudicada por un importe de 76.804,75 euros (IVE incluído).