Venres, 21 febreiro, 2025
Naturgy informa que, nun prazo estimado de 8 a 12 horas a partir desta comunicación, tense previsto iniciar o vertido no embalse do Tambre, polo que se espera o incremento no caudal do río augas abaixo da presa, e o posible enchido da canle. Recoméndase adoptar medidas preventivas e estar alerta. Se vives ou te desprazas pola zona, extrema as precaucións.
Para máis información, consulta as páxinas oficiais dos organismos de conca: www.chminosil.es; www.chduero.es; augasdegalicia.xunta.gal; www.chacantabrico.es, ou ben a páxina web de Emerxencias Galicia 112: www.axega112.gal.