Pestanas principais

Axudas para o sector hostaleiro debido á Covid-19

Luns, 14 decembro, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa sobre a convocatoria de axudas dirixidas ao sector hostaleiro debido á crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19. Esta convocatoria de axudas foi publicada pola Xunta de Galicia.

Concederanse axudas para a instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración, sitas en espazos públicos ou privados. Tamén se conceden axudas para a adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio. Esta convocatoria de axudas foi publicada pola Xunta de Galicia.

A contía máxima das axudas será do 80% dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 euros. O prazo de presentación de solicitudes para optar a estas axudas está aberto ata o 28 de febreiro de 2021.

Para máis información pódese chamar, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ao número de teléfono 649 562 727 ou enviar un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Multimedia