Venres, 1 xullo, 2022
- Tematica
O Concello de Ames informa da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no obradoiro dual de emprego "Renova IV". As solicitudes deberán presentarse do 2 ao 22 de xullo de 2022.
O Renova IV é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo y Economía Social, e promovido polo Concello de Ames conveniado co concello de Brión.
Premendo nesta ligazón pódese consultar o proceso ao completo.